Laura Martín Pascual, alumna de 3º de E.P. do noso colexio, resultou gañadora do XXI Certame de Debuxo "Educar para Previr", a importancia dos hábitos e estilos de vida saudables: e ti como te coidas?, convocado polo Concello de Lugo.
O debuxo que fixo Laura, que resultou gañador
A entrega de premios, celebrouse o pasado 22 de decembro, á que acudiron familiares, amigos e tamén a súa titora Dna. Pilar Seoane, entre os numerosos presentes.
Entrega de Premios, no Salón de Plenos Municipais, Concello de Lugo
Como anécdota do acto, o Alcalde de Lugo, descoñecía o lugar de nacemento de D. Manuel Mallo Mallo, que non é lucense como asegurou Orozco. O sobranceiro canteiro naceu en Teo (A Coruña), e así llo lembraron dende o público.
Dende Pícaros de Nadela, os nosos parabéns a Laura, polo premio acadado e tamén polo seu cumpreanos, xa que hoxe fai 9 anos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario