jueves, 18 de diciembre de 2014
Viva Cuba ¡
"Malú no se quiere quedar en Cuba por la revolución, quiere quedarse porque en Cuba están sus amiguitos, está su escuela, y sobre todo, está enterrada su abuelita. Cuenta una historia sobre niños, pero no es una película infantil, va mucho más allá".
miércoles, 17 de diciembre de 2014
César Bona compite a mellor profesor do mundo (Teacher Global Prize)
También les anima a elaborar sus propios cortometrajes (a escribir el guion, interpretarlos y grabarlos), a ejercer de abogados o mediadores con sus compañeros de clase, a opinar sobre las actividades que ocurren en la escuela y dentro del aula. «Y a investigar, a indagar por sus propios medios sobre cuestiones diversas», agrega el docente.
César Bona (Ainzón, Zaragoza, 1972) se convirtió hace unos días en el mejor profesor de España. O, más exactamente, en el único español que figura en la lista de 50 finalistas del Global Teacher Prize, un galardón internacional que reconoce la labor del profesorado y al que presentaron su candidatura más de 5.000 aspirantes de 127 países. El premio está dotado con un millón de dólares (unos 800.000 euros), lo que lo equipara, al menos en el aspecto económico, al Nobel. «Ser el único español es una responsabilidad, sí. Pero estoy convencido de que aquí hay un montón de profesores que hacen un gran trabajo innovador, anónimo y con pocos medios, y que podrían ser finalistas en lugar de mí», dice el maestro, que este año ha empezado a dar clases en el colegio Puerta de Sancho en Zaragoza.
ALBERT BERTRAN
César Bona, con un grupo de alumnos de 5º A del colegio Puerta de Sancho de Zaragoza, a los que imparte clases de inglés, el pasado miércoles.
POR QUÉ ÉL
Pero qué ha hecho de particular César Bona? Uno de sus principales logros, dicen quienes han trabajado con él o quienes han podido conocer el resultado de sus actividades, es su empatía, su capacidad para conectar con los alumnos y detectar qué les falta y cómo se les puede incentivar. «De este modo, en todas las escuelas en las que ha estado ha conseguido sacar lo mejor de los estudiantes», destacaba, en el video que se incluyó en la candidatura para el Global Teacher Prize, María Victoria Broto, exconsejera de Educación del Gobierno de Aragón.En el 2007, por ejemplo, Bona llegó al colegio Fernando el Católico del Barrio Oliver, uno de los más desfavorecidos de la capital aragonesa, y se encontró con una clase de chavales de 10 años en la que había alumnos que todavía no sabían leer. «Era un grupo hetereogéneo, aunque con una mayoría de estudiantes de etnia gitana, y se me ocurrió que quizás ellos me podían enseñar algo a mí», cuenta. Y aprendió a tocar el cajón, instruido por sus alumnos. También organizó una obra de teatro con toda la clase, que logró reducir el absentismo y con la que los chicos, además de mejorar en comprensión lectora y expresión oral, ganaron -«y esto es lo importante», subraya el maestro- en autoestima.
El reconocimiento más allá de las fronteras del colegio (o del barrio) le llegó al año siguiente, cuando se hizo cargo de la escuela unitaria del pueblo de Bureta (Zaragoza), a la que asistían solo seis alumnos. En este caso, la estrategia para cohesionar al grupo -pequeño pero desavenido- fue un cortometraje de cine mudo, La importancia de llamarse Applewhite, que se ha proyectado en festivales de cine infantil de todo el mundo. La experiencia pedagógica ganó un premio del Ministerio de Educación.
Además de la creatividad, Bona intenta que sus alumnos «desarrollen el espíritu crítico y sepan plantear alternativas». Eso es lo que hizo en su siguiente destino, en la localidad de Muel (también en Zaragoza), donde la llegada al pueblo de un circo fue el desencadenante de un trabajo escolar que acabó convirtiéndose en una protectora de animales virtual, bautizada como El Cuarto Hocico. La iniciativa, recogida en un libro con el mismo nombre, tiene hoy alcance internacional -Children for Animals- y le supuso al maestro su segundo premio ministerial.
http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/mejor-profe-espana-3771067
lunes, 15 de diciembre de 2014
Dúas semanas de andaina: 1.148 visitas ¡ GRAZAS
Pícaros de Nadela, que comezara a súa andaina o 28 de novembro, en dúas semanas de existencia, xa logrou 1.148 visitas. Moitas grazas polo voso interese.
O Parlamento de Galicia convoca a V edición do seu Concurso Escolar baixo o lema “En busca da Igualdade”
• Con esta iniciativa perséguese un maior coñecemento da institución parlamentaria entre a poboación escolar, ao tempo que se procuran actitudes e valores que estimulen a igualdade, a solidariedade e o respecto
• Fíxanse tres niveis de participación –educación infantil e
educación especial, educación primaria e educación secundaria- e a preinscrición
opcional está aberta ata o 19 de xaneiro, aínda que o prazo de entrega non
remata ata o 30 de abril de 2015
O Parlamento de Galicia
acaba de convocar a V Edición do seu Concurso Escolar, que nesta edición terá
como lema “En busca da Igualdade”, co que pretende incentivar entre os escolares
galegos actitudes e valores de igualdade, de solidariedade e de respecto
mutuos.
As bases deste concurso pódense consultar na web do Parlamento de Galicia
(http://www.parlamento.gal/sitios/web/contenidogal/documentosdeinterese/ConcursoEscolar.aspx)
e nel poderá participar todo o alumnado escolarizado en educación infantil e
educación especial, educación primaria e educación secundaria.
A convocatoria estructúrase en tres modalidades diferentes: educación
infantil e especial, educación primaria e educación secundaria. Os traballos
deberán versar sobre aspectos relacionados coa Igualdade e cada un deles deberá
ser elaborado, obrigatoriamente, por un grupo de catro alumnos, esixencia
orientada a incentivar o traballo en equipo. Cada clase só poderá presentar a
concurso un traballo e cada centro educativo poderá participar cun máximo de
cinco traballos por cada unha das etapas educativas ás que se dirixe a
convocatoria.
Cada grupo poderá elixir a técnica de expresión creativa que desexe: deseño
dunha camiseta, relato curso, fotografías, vídeo ou vídeo xogo.
Premios
As bases da convocatoria determinan que se concederá un primeiro premio por
cada un dos grupos gañadores nos tres niveis educativos, con independencia da
técnica empregada (unha táboa dixital e un lote de libros para cada alumno ou
alumna); e un segundo premio para cada un dos grupos que quede en segundo lugar
(MP5 e un lote de libros para cada un dos alumnos e alumnas).
As clases dos grupos gañadores recibirán como premio unha excursión de
carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia. E cada
profesor ou profesora que supervisaron os traballos gañadores serán galardoados
cunha táboa dixital, mentres que os docentes que supervisaran os traballos
finalistas recibirán un MP5 e un lote de libros.
Os centros educativos dos grupos gañadores recibirán un premio de 2.000
euros que deberán destinar á organización de actividades extraescolares ou
actividades da biblioteca escolar.
viernes, 12 de diciembre de 2014
María Isabel Ferreiro, directora do CEIP Casás: "seguimos cos cortes igual, a situación non cambiou e non cambiará mentras o concello non contrate máis potencia"
María Isabel Ferreiro Rodríguez, DIRECTORA do
CEIP CASÁS de Lugo
Os xornais locais, fixéronse eco da problemática de cortes de luz no voso centro. Como están a afectar os mesmos ao bo desenvolvemento das actividades escolares?
A falta de potencia obriga a alterar o ritmo
da clase, xa que moitas veces polos cortes non se poden utilizar os
ordenadores. Temos que tantear que
aparellos podemos conetar á vez para que non salten os diferenciales. Por
poñerche un exemplo, non podemos utilizar os ordenadores da aula de informática cando están os cañóns
das aulas enchufados e as caldeiras da calefacción encendidas (porque anque as
caldeiras funcionan a gasoil tamén precisan corrente, e temos 3 caldeiras)
A que é debido esta falta de continuidade do
suministro eléctrico?
É debido a que a potencia contratada é
insuficiente porque dende o concello contratase unha potencia inferior a
necesaria. Non se dan conta que a inclusión das novas
tecnoloxías na educación como pizarras dixitais, ordenadores, cañons,
impresoras e outros aparatos eléctricos requiren maior potencia de luz.
Puxéchedes en coñecemento do Concello esta
situación, que é o encargado do mantemento dos 14 centros na nosa cidade.
Que resposta obtivechedes?
Xa está comunicado varias veces ao concello. O
último apagón que ocorriu no centro tamén se deu parte ao concello e acudiu ao
centro un electricista e tivo que cambiar o ICP xa que se estropeara (databa
do ano 1975 ano de construcción do colexio). O electricista emitiu un informe
alegando que tiñamos radiadores eléctricos encendidos, como argumento fixo
fotografías a unhas caixas vacías de que tiñamos para almacenar a recollida de
tapóns solidarios. Fíxose un informe con esas fotografías e dito informe dende
o concello por correo electrónico reenviouse a todos os colexios da cidade.
O CEIP CASÁS presentou unha reclamación ao
concello, que a día de hoxe, non foi contestada alegando que se infrinxiu o
artigo 18.3 da Constitución Española que garante o segredo das comunicacións, e
o artigo 18.1. onde se vulnera o dereito a intimidade do centro (xa que ese
informe é persoal do centro e non hai porque envialo aos outros centros).
Por outra banda, o electricista que fixo as
fotografías as caixas vacías, incumpriu o REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO do
centro xa que ningunha persoa pode facer fotografías no centro educativo sen o
consentemento da dirección do centro.
A día de hoxe, aínda está o colexio a sufrir estes
cortes no suministro eléctrico?
Si, seguimos cos cortes igual, a situación non
cambiou e non cambiará mentras o concello non contrate máis potencia.O concello é o encargado do mantementos dos centros, e debería garantir o dereito a educación do alumnado, pois dereito a educación tamén significa dereito a un mantemento de instalacións docentes adecuados.
jueves, 11 de diciembre de 2014
Galego Mola ¡
Este é o Blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística de CEIP Virxe da Soidade de Lugo.
Parabéns polo voso traballo¡
Claro que o Galego Mola ¡
Parabéns polo voso traballo¡
Claro que o Galego Mola ¡
martes, 9 de diciembre de 2014
Xuvenlugo, venres 12 decembro, xornada de portas abertas.
O venres 12 de decembro, a entrada será gratuíta (apertura ás 16:30 h.)
I Xornada “Xuvenciencia” para profesorado
Mergúllate na investigación!
Convidámosvos ás nosas primeiras xornadas de comunicación e información co profesorado de ensino secundario para promover actividades conxuntas.
Obxectivos:
● Crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e
universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos.
● Dar información sobre o sistema docente universitario actual segundo a reforma do
Proceso de Bolonia.
● Toma de contacto do profesorado de ensino secundario coa organización da investigación
e con algunhas liñas específicas que se desenvolven no Campus de Lugo da USC.
● Por en marcha actividades conxuntas no contexto científico que teñan como obxectivo
fomentar o interese do alumnado de ensino secundario pola ciencia e a tecnoloxía.
● Formar grupos de traballo de profesorado de ensino secundario e universitario para o
desenvolvemento de materiais educativos, especialmente pequenos proxectos científicos.
Anímate a participar!
Preinscríbete aquí ata o 12 de decembro: http://www.tfaforms.com/356133
Calendario:
Preinscrición: 5 – 12 de decembro de 2014
Notificación de admisión: 15 de decembro de 2014
Matrícula: 16 – 20 de decembro de 2014
Xornada: 17 de xaneiro de 2015
Programa no seguinte enlace:
http://goo.gl/BuLIVR
lunes, 8 de diciembre de 2014
Tintileo ¡
Bravo por Tintileo ¡
Blog da biblioteca do CEIP Manuel Mallo Mallo
http://tintileonadela.blogspot.com.es/
jueves, 4 de diciembre de 2014
Be a kid, be a scientist.
"A madurez do home é voltar a encontrar a seriedade coa que xogaba cando era neno"
Friedrich Wilhelm Nietzsche (1844-1900)
viernes, 28 de noviembre de 2014
Participación d@s nen@s na escola
Celebráronse o pasado martes 25 de novembro, eleccións ao Consello Escolar do CEIP Manuel Mallo Mallo.
Os cativos achegábanse ao local electoral. Algúns descoñecían o que alí acontecía, outros sabían de eleccións e algún incluso xa se candidataba e pedía o voto aos seus compañeiros.
É moi importante, que como base dunha sociedade mais
democrática basada na participación da cidadanía en todos os aspectos que
afectan as súas vidas, xa dende moi cedo, os nenos e nenas aprendan a responder
activamente, exerzan a súa responsabilidade na toma de decisións, e asuman as
súas consecuencias.
Isto significa recoñecer aos mais pequenos, non so como
obxectos, senon tamén como suxeitos de dereitos con autonomía persoal, social e
xurídica propia e progresiva, para exercelos e reclamar o seu cumprimento.
Sería moi interesante crear espazos, actividades e estructuras na escola
que promovan a participación, coñecementos e habilidades e competencias para
que os/as nenos/as do Colexio Manuel Mallo, coñezan os seus dereitos,
identifiquen os problemas que lles afectan a eles e á comunidade escolar, e a
partir do debate e discusión, participen na solución dos mesmos.
A súa voz vale, e as accións e decisións que tomen poden
influir positivamente en mellorar o colexio.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







