viernes, 12 de diciembre de 2014

María Isabel Ferreiro, directora do CEIP Casás: "seguimos cos cortes igual, a situación non cambiou e non cambiará mentras o concello non contrate máis potencia"



María Isabel Ferreiro Rodríguez, DIRECTORA do CEIP CASÁS de Lugo

Agradecemos a entrevista que nos concedeu a Directora do colexio, Dna. María Isabel Ferreiro Rodríguez, así como a súa disponibilidade. Dende Pícaros de Nadela, instamos ao Concello a que solucione a situación xa, sen mais demora ¡

Os xornais locais, fixéronse eco da problemática de cortes de luz no voso centro. Como están a afectar os mesmos ao bo desenvolvemento das actividades escolares?
A falta de potencia obriga a alterar o ritmo da clase, xa que moitas veces polos cortes non se poden utilizar os ordenadores.  Temos que tantear que aparellos podemos conetar á vez para que non salten os diferenciales. Por poñerche un exemplo, non podemos utilizar os ordenadores  da aula de informática cando están os cañóns das aulas enchufados e as caldeiras da calefacción encendidas (porque anque as caldeiras funcionan a gasoil tamén precisan corrente, e temos 3 caldeiras)

A que é debido esta falta de continuidade do suministro eléctrico?
É debido a que a potencia contratada é insuficiente porque dende o concello contratase unha potencia inferior a necesaria. Non se dan conta que a inclusión das novas tecnoloxías na educación como pizarras dixitais, ordenadores, cañons, impresoras e outros aparatos eléctricos requiren maior potencia de luz.

Puxéchedes en coñecemento do Concello esta situación, que é o encargado do mantemento dos 14 centros na nosa cidade. Que resposta obtivechedes?
Xa está comunicado varias veces ao concello. O último apagón que ocorriu no centro tamén se deu parte ao concello e acudiu ao centro un electricista e tivo que cambiar o ICP xa que se estropeara (databa do ano 1975 ano de construcción do colexio). O electricista emitiu un informe alegando que tiñamos radiadores eléctricos encendidos, como argumento fixo fotografías a unhas caixas vacías de que tiñamos para almacenar a recollida de tapóns solidarios. Fíxose un informe con esas fotografías e dito informe dende o concello por correo electrónico reenviouse a todos os colexios da cidade.
O CEIP CASÁS presentou unha reclamación ao concello, que a día de hoxe, non foi contestada alegando que se infrinxiu o artigo 18.3 da Constitución Española que garante o segredo das comunicacións, e o artigo 18.1. onde se vulnera o dereito a intimidade do centro (xa que ese informe é persoal do centro e non hai porque envialo aos outros centros).
Por outra banda, o electricista que fixo as fotografías as caixas vacías, incumpriu o REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO do centro xa que ningunha persoa pode facer fotografías no centro educativo sen o consentemento da dirección do centro.

A día de hoxe, aínda está o colexio a sufrir estes cortes no suministro eléctrico?
Si, seguimos cos cortes igual, a situación non cambiou e non cambiará mentras o concello non contrate máis potencia.
O concello é o encargado do mantementos dos centros, e debería garantir o dereito a educación do alumnado, pois dereito a educación tamén significa dereito a  un mantemento de instalacións docentes adecuados.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario