Mergúllate na investigación!
Convidámosvos ás nosas primeiras xornadas de comunicación e información co profesorado de ensino secundario para promover actividades conxuntas.
Obxectivos:
● Crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e
universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos.
● Dar información sobre o sistema docente universitario actual segundo a reforma do
Proceso de Bolonia.
● Toma de contacto do profesorado de ensino secundario coa organización da investigación
e con algunhas liñas específicas que se desenvolven no Campus de Lugo da USC.
● Por en marcha actividades conxuntas no contexto científico que teñan como obxectivo
fomentar o interese do alumnado de ensino secundario pola ciencia e a tecnoloxía.
● Formar grupos de traballo de profesorado de ensino secundario e universitario para o
desenvolvemento de materiais educativos, especialmente pequenos proxectos científicos.
Anímate a participar!
Preinscríbete aquí ata o 12 de decembro: http://www.tfaforms.com/356133
Calendario:
Preinscrición: 5 – 12 de decembro de 2014
Notificación de admisión: 15 de decembro de 2014
Matrícula: 16 – 20 de decembro de 2014
Xornada: 17 de xaneiro de 2015
Programa no seguinte enlace:
http://goo.gl/BuLIVR

No hay comentarios:
Publicar un comentario