martes, 29 de septiembre de 2015

Aberto o prazo de inscrición: PROGRAMA XOGADE 2015-16

XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar 2015-16
A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas, convoca o Programa XOGADE
ACTIVIDADES


1. ACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR - Máis información
Son os xogos deportivos en idade escolar da Comunidade Autónoma de Galicia con 22 Modalidades Deportivas.
 
2. ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA - Máis información
As federacións galegas no cumprimento das súas función de promoción das súas modalidades deportivas así como da organización de competicións oficiais autonómicas, establecidas no artigo 56, sección 3º, CAP II de entidades deportivas da Lei 3/2012 de 2 de abril, organizarán a competición deportiva federada en idade escolar, tendo sempre en conta a obriga de cumprimento establecida para estas entidades no convenio anual coa Secretaría Xeral para o Deporte.
 
3. ACTIVIDADE LÚDICA - Máis información
Xornadas de acercamento de actividades lúdicas a centros educativos.
 
4. COÑECE O MEU CLUB
Actividade ofertada a todos os Clubs Deportivos inscritos no rexistro de Clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
5. EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES
Exposición itinerante polos centros escolares e unha guía didáctica para o profesorado.
 
6. MÓVETE +
“Móvete+” é unha nova actividade do programa Xogade dirixida a tódolos escolares de Galicia. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar mais cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.
 
7. XOGOS POPULARES
Taller de xogos populares con paneis informativos, baúl de xogos e fichas explicativas para poder realizar esta actividade nos centros escolares.
 
8. XOGANDO CO VENTO
Esta actividade nace para dar cabida a un conxunto de proxectos que se veñen desenvolvendo en diferentes puntos da noxa xeografía coa finalidade de acercar aos escolares galegos a un medio ten importante para a nosa Comunidade Autónoma como é o MAR

http://www.deporteescolargalego.com/#

No hay comentarios:

Publicar un comentario